lundi 13 juin 2011

XABIER QUEIPO: "NIN OS GALEGOS QUE ANDARON BUSCANDO ALASKA ESCRIBIRON EN GALEGO"

XABIER QUEIPO cóntalle a Iago Martínez en Xornal: [Un decátase con certa facilidade de que hai moitas cousas que perviven hoxe: a negación dos dereitos das minorías, a sospeita polos comportamentos individuais das persoas, a laminación intelectual dos pobos e da xente, a opresión dunha entidade imperial sobre outras ou a superstición, que en forma de catolicismo, islamismo, xudaísmo ou calquera outra manifestación inflexíbel de espiritualismo, nos levou a unha situación como a presente, na que estamos indignados. Nin os irmáns Nodal... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:37 - Commentaires [0] - Permalien [#]

lundi 13 juin 2011

BLANCO NO LUGAR DE CASTELLANO

Colexio de Xornalistas: [José María Castellano Ríos, vicepresidente de La Voz de Galicia, presentou a súa dimisión ao Presidente, Santiago Rey Fernández-Latorre. Rey nomeou a Lois Blanco Penas como director xeral da Corporación, con responsabilidades tanto nos ámbitos empresariais como nos editoriais.]
Posté par Jaureguizar à 12:26 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 13 juin 2011

VACA FILMS REBENTARÁ UN TRANVÍA NA CORUÑA

A nova película da produtora galega será Invasor, unha adaptación da novela de 2004 de Fernando Marías que será dirixida por Daniel Calparsoro. A película, que se inscribirá no xénero do thriller político e contará con moitas doses de acción, narrará a historia de Pablo, un médico militar que volta ferido da Guerra de Iraq do ano 2004. Emma Lustres indica que o protagonista “é un galego que vive nos arredores da Coruña e que simboliza a loita do home contra o sistema”.  A Coruña tornará en escenario de excepción desas... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:59 - Commentaires [0] - Permalien [#]