Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
16 juin 2011

HELICÓPTERO

A FRECHA DO tempo avanza ao revés en Galicia. Os romanos instalan o seu forte para o Arde Lucus e os acampados levantan as Quechua para evitar que a multitude carnavalizada os esmague. Porén, Cataluña sufre a Historia no seu sentido habitual: tras a calma sempre vén a treboada. Artur Mas non leu a Kavafis, quen cuestiona en ‘Agardando polos bárbaros’: «Por que non veñen os ilustres senadores a botar os seus discursos? Porque hoxe chegarán os bárbaros e lles fastidian a elocuencia e os discursos». O president botouse ao monte da legalidade decidindo sobrevoar a indignación en helicóptero. Rexeitou a prudencia de retrasar a sesión parlamentaria. Os que entraban na sede da Ciutadella representaban vontades expresadas en votos, os que ficaron fóra representaban sentimentos estendidos de carraxe. Artur Mas deulles a razón comportándose coma un geo, eles deron argumentos a Felip Puig en todos os porrazos que mandou meterlles. «Debo de ser o único que entendeu o 27-M», argumentou onte o conselleiro de Interior. Kavafis remata o poema revelando que «algúns viñeron das fronteiras e contaron que os bárbaros non existen». «E que vai ser de nós sen os bárbaros? Esa xente era unha solución».A discusión sobre a orde violentou o que ía tratar o parlament: as machadas que van devaluar un dos mellores sistemas sanitarios de Europa.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité