jeudi 16 juin 2011

HELICÓPTERO

A FRECHA DO tempo avanza ao revés en Galicia. Os romanos instalan o seu forte para o Arde Lucus e os acampados levantan as Quechua para evitar que a multitude carnavalizada os esmague. Porén, Cataluña sufre a Historia no seu sentido habitual: tras a calma sempre vén a treboada. Artur Mas non leu a Kavafis, quen cuestiona en ‘Agardando polos bárbaros’: «Por que non veñen os ilustres senadores a botar os seus discursos? Porque hoxe chegarán os bárbaros e lles fastidian a elocuencia e os discursos». O president botouse ao monte da... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:56 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

jeudi 16 juin 2011

O BOSQUE DE MONTESQUIEU

A outra noite, mentres enxuagaba os dentes con Listerine, acordei de Montesquieu. Foi pensar na hixiene dental e acordar da hixiene democrática. Montesquieu, ben saben, organizou as cúpulas de poder en tres ámbitos colexiados: executivo, lexislativo e xudicial. A curiosidade por consultarlle pola aplicación levoume ata o castelo de La Brède, onde reside dende que morreu. Os criados indicáronme que Montesquieu aproveitara a mañá fresca para pasear polo bosque, coller amoras e reconciliarse cos cervos. Atopeino nunha volta do Garona,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:53 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
jeudi 16 juin 2011

MERLIN, O CABALO QUE COME LARANXAS

SPEED VAI afeitarse hoxe. A súa barba é mesta, de pelo fino e teso. Faino cando asoma a calor do verán. Este ano vai rasurarse a máquina, aínda que Vilar, o núcleo onde vive, carece de enerxía. Nunca houbo luz en Vilar. Os habitantes orixinarios marcharon e os novos que chegaron foron vindo nunha suave colonización iniciada hai tres décadas. Agora viven sete adultos e dous nenos. Varios chegaron dende Madrid ou Burgos; Speed vivía en Encontramento, «un sitio perto de Lisboa de onde saen todos os trens». El subiu a un vagón calquera... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:46 - Commentaires [0] - Permalien [#]