Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
19 juin 2011

SE BOGART TIVESE ESCRITO

O DIRECTOR de cine Frank Miller sentenzou que «a Hollywood dáselle de marabilla fabricar actores, pero dáselle de pena fabricar homes». O copresidente da Fox, Jim Gianopoulos, confirma a súa impresión: «Cando queremos un tipo duro acudimos a australianos como Rusell Crowe ou Hugh Jackman, ou a un irlandés como Collin Farrell». Stefan Kafner, autor de ‘Bogart’, que vén de publicar Lumen, sospeita que o seu biografado foi unha rareza. A literatura galega ten unha capacidade fértil para facer agromar escritores talentosos e unha escandalosa torpeza para xerar mitos duradeiros. Conseguiuno con Rosalía e, tras moitas décadas, volveu logralo con Lois Pereiro. A Real Academia Galega lanzouno —aínda que sen convición— ás Letras Galegas e o país acolleuno con empatía e balbordo feliz. Inevitablemente, Paz Andrade sentirá un eco máis apagado. Lois medrou ata o nivel preciso para fornecer ensaios e novelas, e, a maiores, un cómic, ‘Lois Pereiro. Breve encontro’ (Xerais), unha xenialidade variada, sorprendente e amena de Jacobo Fernández Serrano. Stefan Kafner destaca que Bogart «non era máis atractivo ca Gary Cooper, máis áxil ca James Cagney, máis desenvolto ca Cary Grant, máis simpático ca James Stweart, nin máis versátil ca Spencer Tracy, pero gañoulles e sobreviviunos». O historiador de cinema Richard Schickel alega en ‘Bogie’ que soubo representar «o carácter estadounidense: competente autosuficiencia e negativa a deixarse intimidar». Lois Pereiro tamén vai ultrapasar a moitos outros escritores porque se mimetizou co ser galego: padeceu todo o catálogo de dores, pero nunca se despistou de exercer a retranca.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité