Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
23 juin 2011

MONOPOLY

Margaret Thatcher convidoume a xantar coa condición de que lle cociñase unha tortilla de patacas. A exprimeira ministra provén de pequenos comerciantes, que teñen unha percepción inmediata e sinxela da vida. Pareceulle que pedirme un prato elemental sería unha garantía a curto prazo, que é todo o que require a burguesía cativa: praceres sinxelos e intrinsicamente éticos. A Dama de Ferro semelloume case que afable en comparación coa súa fama; amosouse educada e case que condescendente comigo, pero non me incomodou. Interesábame a súa doctrina económica. Consistía en algo tan pouco sofisticado como xestionar o 60 millóns de británicos como se fose unha vivenda unifamiliar e o secreto do equilibrio financieiro residiese en comparar prezos do Gadis e o Día. Innegablemente, a ela funcionoulle: partiu a columna vertebral dos sindicatos e puxo a andar de novo o Reino Unido. Non deixei de lembrarlle aquilo que recoñeceu, case que sen pretendelo, durante o seu mandato, iso de que o capitalismo é un sistema paradisíaco senón miramos para unha minoría que vai quedar sen fichas para xogar ao Monopoly. Comenteille que os excluídos chantáronse no medio das cidades españolas para que, cando menos, se lles vexa. “Pero os gobernantes saben o que lles requiren?”, preguntou Thatcher. “Acaso eles saben o que pretenden?”, incidiu deixándome calado.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité