Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 juin 2011

POR QUE DEIXAMOS MORRER GALICIA HOXE?

Caetano Díaz escribe a tumba aberta a súa despedida de Galicia Hoxe como medio en papel. Comeza asumindo que as contas non se termaban e descarga unha boa parte da débeda nas institucións por falta de axudas. Cos recursos contados que temos, os gobernantes non deciden sobre o deber ser, senón sobre o poder ser. Entre as prioridades non está o galego; debería estar, pero non está. Atopo en Twitter numerosas lecturas dese 'je proteste' comprobando que a maioría da masa lectora non pasou do primeiro parágrafo; non por falta de tempo, senón por non deixar escapar un argumento sólido e superficial. O responsable do xornal atrévese a lanzar unha imputación ben suxestiva no segundo. "Sabemos que non conectamos como deberíamos coa sociedade civil e que tampouco sentimos a súa calor", recoñece e, asemade, denuncia. O que eu tiro desa queixa, aínda que Caetano Díaz non o escriba, é que a sociedade galega é pilática, lava os remorsos na mesma pía que as mans. Xa sabemos onde hai que disparar os dardos todos. A diana está permanentemente instalada e serve como Oráculo de Delfos de resposta única. E a resposta non é unha: existe un envés. Se moitos sospeitábamos ou tiñamos unha certa información sobre a febleza do proxecto, como é que non nos botamos a unha compra masiva? Aínda que fose eventualmente, como aviso de ferida mortal de necesidade? Como non expresamos sequera o respaldo, aínda de xeito non oneroso? Outras sociedades con linguas e culturas cativas e abanegadas pola globalización achegan, membro a membro, os alicerces para termar dos proxectos que consideran determinantes para o futura da súa identidade. Aquí non, aquí deixamos caer unha realidade informativa en galego tras outra, cuspimos cara arriba e marchamos de cañas ata a vindeira oportunidade de disparar balas de fogueo contra a nosa Yoko Ono (agora este goberno, antes outro e mañá un terceiro). Ben sabido é que abunda unha persoa para levantar a tapa da Caixa de Pandora.

Publicité
Publicité
Commentaires
F
O PP montou o tinglado quando lhe iam estas cousas e fecha-o agora que já passa do tema..
Nom há mais..
Pedir-lhe à parroquia que entre ao trapo comprado-lhes o jornal aos ppeiro parece-me demasié..
O nosso modelo é o Gara, um jornal feito com subscripçom popular. Falta que o nacionalismo baixe das nubes
Répondre
A
Alguén lembra algunha campaña promocional de Galicia Hoxe?

Por certo, Estrela, fas comentarios de prostituta. Agardo que só sexan comentarios, e non unha actitude vital.
Répondre
J
Concordo, Estrela, pero pense en levamos varios anos vendo desfilar medios en galego cara ao mesmo sitio e seguimos laiándonos a posteriori
Répondre
E
Ai a tribo. Non aprendemos. Temos tantos infiltrados, somos tan pequenos, están tan desexosos de se mostrar sumisos e sumar puntos perante o "gran home branco" que imos de derrota en derrota. Cando o mensaxeiro trae a noticia, os "sensatos" bótanlle a culpa. Sería mellor mirar a outro sitio ou ouvir outras melodías.

Se queremos sobrevivir como falantes, como habitantes desta lingua non se pode perder moito tempo, haberá que volver aos clásicos: "Em pé,irmáns galegos". Ou que caraio....
Répondre
A
Se sabías da febleza do proxecto, como é que non dixeches nada?
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité