lundi 27 juin 2011

POR QUE DEIXAMOS MORRER GALICIA HOXE?

Caetano Díaz escribe a tumba aberta a súa despedida de Galicia Hoxe como medio en papel. Comeza asumindo que as contas non se termaban e descarga unha boa parte da débeda nas institucións por falta de axudas. Cos recursos contados que temos, os gobernantes non deciden sobre o deber ser, senón sobre o poder ser. Entre as prioridades non está o galego; debería estar, pero non está. Atopo en Twitter numerosas lecturas dese 'je proteste' comprobando que a maioría da masa lectora non pasou do primeiro parágrafo; non por falta de tempo,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:58 - Commentaires [6] - Permalien [#]

lundi 27 juin 2011

O PAÍS SEGUE RECIBINDO MALAS NOTICIAS: PECHA GALICIA HOXE

Son tempos de malas noticias para este país.  Galicia Hoxe pecha mañá tras oito anos. O director, Caetano Díaz, agradece o apoio nestes "oito marabillosos anos". As malas noticias deberían estar reguladas dalgún xeito para erradicalas. Ficamos sen un referente cotián na cultura e na lingua galegas. Botareino de menos na barra de favoritos. Agora, loguiño de informarme en forma de menxase de malvida aeroportuaria a Galicia, penso nos 19 afectados con todo o agarimo que sexa quen de transmitirllles; despois pensarei... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]