Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
30 juin 2011

PARLAMENTOS EXTRAPARLAMENTARIOS

As Asambleas do Pobo agroman nas prazas públicas, como se baixo as beirarrúas non estivese a praia, senón unha campiña preñada de cogomelos. Os quincemes levan mes e medio constituídos en órgano representativo da vontade colectiva. Tanta proclama de ánimo plural prendeu en min a inquedanza de rebuscar na memoria a xornada en que fun votar coas papeletas da desesperación. Lembro ter pechado sobre con papeleta nas municipais e, tempo antes, nas autonómicas. Adoito manifestar a miña vontade política en todas as ocasións, polo que debe de ser un lapsus lebranzal meu. Doutro xeito, desconfío de que os grupos acampados e asambleados a xeito de permanentes vixilantes da ética e a decencia dos gobernantes proclamasen que eu lles dese firma para opinar por min nos escanos das Quechua. Do mesmo xeito de que os xurados populares son unha deturpación do sistema legal e de que as vítimas do terrorismo non deben marcar as directrices para derogar a Lei da Selva do Coche Bomba, os desacougados non semellan os máis acertados para guiar a política económica. Sinto moito respecto polas persoas que padecen o desemprego, a nula oportunidade de acceder a unha vivenda ou mesmo a miseria, pero esa lexitimidade moral nunca pode ser lexitimidade lexislativa porque a maioría da sociedade ten a súa voz delegada nos concellos ou nos parlamentos. Despois das eleccións sempre acabo na banda minoritaria nas cámaras, pero acepto as normas e, dende logo, rexeito eses parlamentos extraparlamentarios que enfervezan esta pandemia de desánimo.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Alfonso, aínda con apuros e desvelos, as cousas vanme estupendamente en comparación con outra xente, polo que non vou facer a demagoxia de arrimarme aos cabreados. No comentario unicamente trataba de dicir que os que sufren o malestar non se poden erixir como representantes da sociedade. Dende logo, non buscaba desprezalos, senón facer ver que son unha parte da cidadanía.
Répondre
A
É normal que un traballador -un privilexiado mileurista supoño- dun medio tradicional se rinda ante a evidencia da súa idade e estabilidade laboral. Leva razón -persoal-: a revolución para os mozos! Vostede ten moito que conservar, aínda, non vale para revolucións nin evolucións sequer. Resumo do seu artigo: na merda non se está tan mal.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité