jeudi 30 juin 2011

PARLAMENTOS EXTRAPARLAMENTARIOS

As Asambleas do Pobo agroman nas prazas públicas, como se baixo as beirarrúas non estivese a praia, senón unha campiña preñada de cogomelos. Os quincemes levan mes e medio constituídos en órgano representativo da vontade colectiva. Tanta proclama de ánimo plural prendeu en min a inquedanza de rebuscar na memoria a xornada en que fun votar coas papeletas da desesperación. Lembro ter pechado sobre con papeleta nas municipais e, tempo antes, nas autonómicas. Adoito manifestar a miña vontade política en todas as ocasións, polo que debe de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:08 - Commentaires [2] - Permalien [#]

jeudi 30 juin 2011

TAXISTA

A madrugada de onte en Londres era unha néboa gris escuro flotando a medio metro do pavimento. Parei o primeiro taxi que pasou por Bloomsbury Way. Era negro, con esa forma de biscoitos abombados tan peculiar. O condutor, un home repoludo, con traxe e gorra de prato combinados en cor co automóbil, tiña a cara branca e gordecha coma un queixo fresco. O asunto é que aquela faciana devolvíame ecos cinematográficos. Era cuspidiño en Alfred Hitchcock. El logo se decatou e reaccionou cunha gargallada. “Si, non se sorprenda; son o orixinal”.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:05 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :