jeudi 30 juin 2011

PARLAMENTOS EXTRAPARLAMENTARIOS

As Asambleas do Pobo agroman nas prazas públicas, como se baixo as beirarrúas non estivese a praia, senón unha campiña preñada de cogomelos. Os quincemes levan mes e medio constituídos en órgano representativo da vontade colectiva. Tanta proclama de ánimo plural prendeu en min a inquedanza de rebuscar na memoria a xornada en que fun votar coas papeletas da desesperación. Lembro ter pechado sobre con papeleta nas municipais e, tempo antes, nas autonómicas. Adoito manifestar a miña vontade política en todas as ocasións, polo que debe de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:08 - Commentaires [2] - Permalien [#]

jeudi 30 juin 2011

TAXISTA

A madrugada de onte en Londres era unha néboa gris escuro flotando a medio metro do pavimento. Parei o primeiro taxi que pasou por Bloomsbury Way. Era negro, con esa forma de biscoitos abombados tan peculiar. O condutor, un home repoludo, con traxe e gorra de prato combinados en cor co automóbil, tiña a cara branca e gordecha coma un queixo fresco. O asunto é que aquela faciana devolvíame ecos cinematográficos. Era cuspidiño en Alfred Hitchcock. El logo se decatou e reaccionou cunha gargallada. “Si, non se sorprenda; son o orixinal”.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:05 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
mardi 28 juin 2011

A BONITA E ESTARRECEDORA DESPEDIDA DO GALICIA HOXE

Galicia Hoxe deixanos unha bonita e estarrecedora despedida.
Posté par Jaureguizar à 09:18 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 27 juin 2011

POR QUE DEIXAMOS MORRER GALICIA HOXE?

Caetano Díaz escribe a tumba aberta a súa despedida de Galicia Hoxe como medio en papel. Comeza asumindo que as contas non se termaban e descarga unha boa parte da débeda nas institucións por falta de axudas. Cos recursos contados que temos, os gobernantes non deciden sobre o deber ser, senón sobre o poder ser. Entre as prioridades non está o galego; debería estar, pero non está. Atopo en Twitter numerosas lecturas dese 'je proteste' comprobando que a maioría da masa lectora non pasou do primeiro parágrafo; non por falta de tempo,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:58 - Commentaires [6] - Permalien [#]
lundi 27 juin 2011

O PAÍS SEGUE RECIBINDO MALAS NOTICIAS: PECHA GALICIA HOXE

Son tempos de malas noticias para este país.  Galicia Hoxe pecha mañá tras oito anos. O director, Caetano Díaz, agradece o apoio nestes "oito marabillosos anos". As malas noticias deberían estar reguladas dalgún xeito para erradicalas. Ficamos sen un referente cotián na cultura e na lingua galegas. Botareino de menos na barra de favoritos. Agora, loguiño de informarme en forma de menxase de malvida aeroportuaria a Galicia, penso nos 19 afectados con todo o agarimo que sexa quen de transmitirllles; despois pensarei... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:00 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 26 juin 2011

OS ZOMBIES NON FAN ARTE

A arte e as dictaduras son asuntos que gardan escasa empatía, máis ca nada porque os dictadores andan ao que andan. Pero non todos. Hitler, desgrazadamente para millóns de gaseados, teimou na cuestión artística e encauzou o talento de Albert Speer cara a unha versión anticipada dos escenarios grandiosos e ridículos de Bollywood. Igor Golomstock reflexiona sobre esa relación entre creatividade e erradicación da liberdade en 'Arte totalitaria: na Unión Soviética, o Terceiro Reich, a Italia fascista e a República Popular China'... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:39 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

vendredi 24 juin 2011

XIGANTE

A palabra 'rescate' emana ecos románticos na miña imaxinación. Un rescate era o que se pagaba para recuperar as princesas sofisticadas -que Hollywood procuraba belas pola estabilidade da billeteira- que estaban secuestradas nas mans dos piratas brutáns. Resístome a ensoñar os ministros de economía de Grecia ou Portugal coa cara agradable de Olivia de Havilland, pero a situación ten moitas semellanzas e mesmo algo de idealización. Idealización no sentido que Petrarca denominaba 'o acoso das fantasías' , ese terror co que agrandamos as... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:50 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
jeudi 23 juin 2011

MONOPOLY

Margaret Thatcher convidoume a xantar coa condición de que lle cociñase unha tortilla de patacas. A exprimeira ministra provén de pequenos comerciantes, que teñen unha percepción inmediata e sinxela da vida. Pareceulle que pedirme un prato elemental sería unha garantía a curto prazo, que é todo o que require a burguesía cativa: praceres sinxelos e intrinsicamente éticos. A Dama de Ferro semelloume case que afable en comparación coa súa fama; amosouse educada e case que condescendente comigo, pero non me incomodou. Interesábame a súa... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:35 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :
mercredi 22 juin 2011

SERVIZO DISCONTINUO

A xerencia do Cabaret Voltaire quere expresarlles a súa petición de desculpas pola ausencia de espectáculo nestes días pasados. O noso xefe de Sala, responsable da programación, está de vacacións ata o vindeiro 20 de xullo e non dispón de conexión continuada a internet. As funcións serán logo esporádicas ata o día da súa volta dependendo das oportunidades de ligar á rede que el vaia apañando. Agardamos a súa compresión.
Posté par Jaureguizar à 12:30 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 19 juin 2011

SE BOGART TIVESE ESCRITO

O DIRECTOR de cine Frank Miller sentenzou que «a Hollywood dáselle de marabilla fabricar actores, pero dáselle de pena fabricar homes». O copresidente da Fox, Jim Gianopoulos, confirma a súa impresión: «Cando queremos un tipo duro acudimos a australianos como Rusell Crowe ou Hugh Jackman, ou a un irlandés como Collin Farrell». Stefan Kafner, autor de ‘Bogart’, que vén de publicar Lumen, sospeita que o seu biografado foi unha rareza. A literatura galega ten unha capacidade fértil para facer agromar escritores talentosos e unha... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:05 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :