Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
1 juillet 2011

O BEN COMÚN SEMELLA OUTRO

Esta mañá acudín á óptica Miró de Ribadeo para mercar unhas 'castelao'. Os empregados ben me explicaron que as tales gafas non existen, por moito que teimei en que mirasen no catálogo. Estou satisfeito cos meus lentes, aínda que me quedaron sen marca de tanto usalos, como lle pasou a Rocío Jurado co amor, pero entendín preciso mirar a realidade como aquel señor de Rianxo. Sempre me parece un nadador incapaz de chegar ao mar de fondo, pero un acertadísimo proxector das súas ideas. Foi quen mellor vendeu o nacionalismo porque acertou a resumir as súas ideas en pílulas cargadas de enxeño e sorpresa. Animeime a mercar unhhas 'castelao' logo de recibir unha convocatoria para dar forma e rostro a Iniciativa Ben Común. O convite é lóxico e agradecible porque asinei un manifesto no que (eu comprendín) que se chamaba a unha reformulación da esquerda deste país coa fin de retomar a  maioría. A motivación é diferente: trátase de crear unha nova opción mesmo que podería formularse co avatar de partido. Debeu ser que apliquei esa lectura apresada que practicamos os periodistas cos teletipos e os pais cos prospectos médicos, porque non concibo procurar un axuntamento das forzas de esquerdas, xa exorbitada en número (PSOE, BNG, EU, FPG, Nós-UP, 15M, etc.), engadindo unha marca nova. A vía, se me permiten os amables convidantes, é ben outra: emprender unha política social no senso de alentar que os votantes se sentan identificados cos proxectos (que penso que deberían reducirse os dous maiores: PSOE e BNG) abrindo certos ámbitos aos votantes en xeral aínda que se manteñan o resto dos dereitos/deberes dos militantes na opción premium. O modelo, aínda que desguste, está en Estados Unidos coas primarias dos partidos, onde se atende á vontade electoral. O Partido Democrático de Italia, e agora o Partido Socialista de Francia, realizaron a medida de que os asinantes dun programa e achegantes de un euro, poden elexir os candidatos. Ao cabo, o escollido ou a escollida contarán cunha plataforma ampla para a súa saída ao mercado electoral, antes coñecido como representación democrática. A maiores, facilitaría unha elaboración de listas con maior empatía co electorado ca que se deu na última volta.

 

Publicité
Publicité
Commentaires
S
Concordo plenamente, aínda sen mudar de lentes.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité