MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ: [Que a realidade supera á ficción, confírmase en Lume de cobiza. Cando amañaba a trama da novela, tiña que traer de Los Ángeles ao experto funerario Sugar Jones, un prea que ao tempo é coma o alter ego do detective Frank Soutelo, e ocorréuseme que podería vir (quizais, porque non queda moi claro) a colaborar cunha organización especializada no tráfico de obxectos culturais singulares, no roubo do... Códice Calixtino. A cambio dun troco determinado. Pero considerei que resultaría pouco verosímil e que o lector o asumiría como imposible. Finalmente troqueino polo Necromicón, o mítico libro dos mortos imaxinado por H.P. Lovecraft, que o sitúa no século VIII.]