Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
11 juillet 2011

INIESTA XUGOU AO CRIQUET EN SURÁFRICA

A medida que se nos viña enriba o aniversario da victoria de España sobre Holanda hai un ano fun escoitando de xeito cada vez máis reiterado por persoas destacadas nos ámbitos máis diversos da dinámica social o argumento de que esa realización “é o que máis nos une como españois”. A natureza do festexado non é militar -non se reconquistou Flandres para o Imperio-, nin sequera económica -non se desequilibrou a balanza de pagos de xeito notable-, soamente se demostrou que os xogadores españois están máis capacitados para manexar un balón nun ferrado de Suráfrica. A cuestión dá para que os seareiros sentan un orgullo lóxico, pero non para afortalar unha concepción nacional máis cuestionada a cada cita electoral nos ámbitos N-NL (o NO vai degradando calquera sentimento de autorecoñecemento, pero non agardabamos menos nin peor). Mirando hoxe en Twitter o hastag #eldiaenquevivimosunsueno acórdaseme a revelación de Robert Mugabe cando lle pediron que destacase algo da pegada británica en Zimbawe. Pensouno uns segundos e espetou: “O criquet”.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité