mercredi 13 juillet 2011

TODO VAI BEN

Jean Luc Godard dialoga en soños. Hai tres días viaxei ata Rolle, unha vilela suíza nas beiras do lago Lehman, para visitalo. Polo camiño, o taxista foime indicando vivendas: Michael Shumacher, Peter Ustinov, Phill Collins,... Informeino de que unicamente quería falar con Godard para comentarlle unha escea dunha película sobre Maio do 68: 'Todo vai ben'. O chófer estranouse, pero reprochoumo cunha anécdota: “unha vez levei un xaponés á casa de Godard; chegamos, tirou tres fotos e volveu ao taxi”. Non contento con chamarme excéntrico,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 21:16 - Commentaires [0] - Permalien [#]