Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 juillet 2011

XAPÓN ENVOLTO NA TOALLA

Houbo un verán no que decidín ser culto. Eran vacacións desas nas que un acaba tan cheo de 'spleen' wildeano que se sorprende relendo libros de texto. A falta de referente, optei por someterme a lecturas temáticas consagrándome a unha serie de textos dun autor, un tempo ou unha época. Daquela, percibín a literatura xaponesa como campo exótico e prestixiado do que tirar citas para os meus contos inmaduros. Neses meses soleados e bocexantes, merquei 'Lo bello y lo triste' (Seix Barral), de Kawabata. Avalado por un Nobel, representeime aquel texto como suficientemente fondo como para ingresar un día na casta das persoas que comprendían as películas de Peter Greenaway. Envolvino na toalla para acomodalo no portavultos da BH. En medio do brillo vital do verán, en medio dun videoclip dos Beach Boys, eviteime castigarme coa vocación mística e padecedora daquel señor nipón. Abandonei a lectura, pero non a disciplina. Collín 'El marino que perdió la gracia del mar', de Mishima; de quen Alianza está recuperando o conxunto da obra. A súa corrente de pensamento atraíame máis, abaixábase ata o máis brutal e irracional, corría velozmente cara ao nihilismo acougante. Con identificarme máis con el, acabei recoñecendo que a parte da súa estética que me chamaba era a achegada a Occidente. Asumín a literatura que me interesaba era a escrita a ambas as beiras do Atlántico. Atopei, logo, en Ryu Murakami e no seu 'Azul casi transparente' (Anagrama) a lectura axeitada para aquel verán. Nesa nouvelle, unha grupo de rapaces xaponeses que viven ao carón dunha base norteamericana tratan de occidentalizarse consumindo drogas no medio da cotra.
Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité