dimanche 17 juillet 2011

XAPÓN ENVOLTO NA TOALLA

Houbo un verán no que decidín ser culto. Eran vacacións desas nas que un acaba tan cheo de 'spleen' wildeano que se sorprende relendo libros de texto. A falta de referente, optei por someterme a lecturas temáticas consagrándome a unha serie de textos dun autor, un tempo ou unha época. Daquela, percibín a literatura xaponesa como campo exótico e prestixiado do que tirar citas para os meus contos inmaduros. Neses meses soleados e bocexantes, merquei 'Lo bello y lo triste' (Seix Barral), de Kawabata. Avalado por un Nobel, representeime... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:31 - Commentaires [0] - Permalien [#]