Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 juillet 2011

BELÉN GOPEGUI: "O PSOE OFRECEUSE COMO BO XESTOR DE PLUSVALÍAS"

Iago Martínez ponse do lado máis profesional nunha entrevista a BELÉN GOPEGUI, que non se arreda: 

IM. Se non chega a escoller unha vicepresidenta saínte, un presidente agonizante, un ministro do Interior ambicioso e un veterano militante, nunca lle terían preguntado quen é o modelo atrás de cada personaxe. Por que o fixo?

BG.Porque quero falar do que o meu tempo ten de igual e de diferente, xénero e diferenza específica, dicía Aristóteles, quero traballar co que poderían ter feito os personaxes que se parecen aos personaxes reais, no canto de usar entes de ficción cuns condicionantes que nada teñan en común coa nosa historia.

O que si permite esa ancoraxe co real é deitar unha lectura nada ambigua sobre a deriva do PSOE. En que consiste esa deriva?

PSOE como partido socialdemócrata renunciou a acabar co sistema capitalista para ofrecerse como un bo xestor das plusvalías, só así conseguiu chegar ao poder. Non houbo deriva dende o abandono do marxismo, senón un partido ao servizo do capital, un partido que se apropiou de valores, xestos, tradicións e as meteu no armario, deixando asomar apenas catro ou cinco acenos cómplices. Agora, cando o capital apreta, o único posíbel para o xestor é obedecer, é un partido do capataz, non un partido traballador.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité