Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
21 juillet 2011

SAUDADE DE TORO

Nos últimos meses, Suso de Toro desapareceu do fervedoiro mediático e colectivo. Estaba aí, sinalando, enfrontando e fornecéndonos dunha poderosa liña de pensamento e, zas!, pasou á categoría espectral de profesor de instituto que publica comentarios nun xornal. Aconteceulle o mesmiño que a moitos intelixentes na ditadura, que se toleraba unha opinión de cando en vez no semanario da súa vila. Como literato, entendo que lle afectou o que nos afecta a todos, son pocos euros para la lírica. Explicou unha vez, eu linllo e asentín, que os seus textos eran marcadamente persoais e a literatura anda case que tan desaparecida coma o propio Suso. Hai que apelidarse con sufixo en -son (De Toroson, por exemplo), ben sabemos. De Toro posuía unha alta cotización no noso país e era considerado en España. Un día, nun voo e un intercambio de e-correos, fundiuse nunha alianza con Zapatero, como xeito de trasladar a avanzada visión social do presidente aos ámbitos de pensamento e griterío. Acadou o número 1 de Los 40, a súa visión era referencial. Pero caeu, foi o primeiro de ambos os dous. Foron moitos anos léndoo, foron moitos anos emocionándome e decepcionándome, demasiado tempo escoitando a súa voz firme para aceptar ou discrepar, e agora boto en falta que nos dea fala e non desperdicie o seu tempo vital e reflexivo de maior calado. Suso, volve, fainos ese favor.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité