jeudi 21 juillet 2011

LUCIEN FREUD (BERLIN, 8 DE DECEMBRO DE 1922-LONDRES, 20 DE XULLO DE 2011)

Posté par Jaureguizar à 23:15 - Commentaires [0] - Permalien [#]

jeudi 21 juillet 2011

A PRESENTADORA PAULA VÁZQUEZ, SECUESTRADA

A presentadora Paula Vázquez está secuestrada. A revista In Touch publicou unha fotografía na que semella unha bota de viño baleira ás que ela apón outras de aspecto louzán. Para desmentir que envie a imaxe actual como se fose un deses estarrecedores vídeos necrolóxicos gravados en vida, amosa dúas capas de xornais de hoxe. Lembrei a Aldo Moro, violentado, resignado tras camiñar ata o fondo do seu terror. A síndrome de Estocolmo da imaxe empuxa a moitas profesionais da estética a intentar parecer suecas.    
Posté par Jaureguizar à 18:02 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 21 juillet 2011

SAUDADE DE TORO

Nos últimos meses, Suso de Toro desapareceu do fervedoiro mediático e colectivo. Estaba aí, sinalando, enfrontando e fornecéndonos dunha poderosa liña de pensamento e, zas!, pasou á categoría espectral de profesor de instituto que publica comentarios nun xornal. Aconteceulle o mesmiño que a moitos intelixentes na ditadura, que se toleraba unha opinión de cando en vez no semanario da súa vila. Como literato, entendo que lle afectou o que nos afecta a todos, son pocos euros para la lírica. Explicou unha vez, eu linllo e asentín, que os... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:51 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 21 juillet 2011

A FAME NEGRA DE MURDOCH

O único que me desagrada de visitar a Agatha Cristhie son o ambientador de eucalipto que se lle deu por poñer para evitar airear a casa e as pastas caducadas que me serve co té. Ao morrer deixou de ir ao supermercado e non as renova. Sempre que acontece un crime complexo ou algo relacionado cun delicto que require unha capacidade extraordinaria para deducir, vou visitala. A señora faise tan amable que sorprende que matase tanto e tan aqueladamente nos numerosos libros que asinou en vida. Acudín á súa vivenda campestre para pedirlle... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:22 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :