Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 juillet 2011

UNHA CONFESIÓN PARA RECUPERAR O CÓDICE CALIXTINO

Iago Fandiño, en Xornal: [Fontes do interior da curia relacionan a desaparición do Códice Calixtino coas disputas internas no cabildo da basílica compostelá pola sucesión do actual deán, José María Díaz, “que non quere xubilarse porque o posible substituto no cargo non é do seu agrado”. E iso, segundo as mesmas fontes, “malia a que houbo xa varias votacións que pedían a súa xubilación”. O roubo do manuscrito, segundo esta hipótese, sería unha maneira de “desprestixiar” a figura de José María Díaz e acelerar a súa saída da catedral, dando pé á renovación da xerarquía.

Na catedral confían en que o Códice Calixtino podería reaparecer “en cuestión de días” e que a revelación do seu verdadeiro paradoiro se produciría “baixo segredo de confesión”, o que reforza a hipótese de que o presunto ladrón do manuscrito está dentro da catedral ou ten un cómplice entre a curia. O segredo de confesión protexería a identidade do ladrón e permitiría resolver o asunto dentro dos muros da basílica, á marxe da investigación policial.]

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité