Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 juillet 2011

AS POLAINAS DE CONDE ROA, ICONA NACIONAL

As polainas de Conde Roa deberían ser icona patria. Galicia celebra hoxe o seu día nacional tendo claro que mañá volverá remudar nunha comunidade de intereses na que unha metade pensa en galego e a outra en español con acento galego, nun pinchacarneiro de xustiza poética. Mañá retomará a súa centenaria diatriba íntima, calada e ontolóxica ata interrompela por unha xornada no 2012. Este país é tan curioso que festexa a súa condición unha vez ao ano e desenvolve o evento compartíndoa co Día do Apóstolo, como aqueles guateques nos que tiñas que convidar aos que dispuñan de casa, pickup e rapazas guapas para poder ser. Galicia é tan insegura que precisa de partillar a súa festa con relixiosos e militares que están a outra cousa. As polainas de Conde Roa, que amosou a valentía de vestir traxe de luces para aturar chanzas e procurar fotonoticias, son o símbolo da conciencia intermitente deste país, desa identidade que paseamos os días de feira.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité