Consello da Cultura Galega: [O controvertido peche da Promocións Culturais Galegas, a empresa editora do histórico semanario A Nosa Terra e de Edicións A Nosa Terra, está xa nos seus últimos episodios. O Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra decidiu a liquidación da empresa Promocións Culturais Galegas e deixa a compañía baixo a dirección do administrador concursal, Carlos Álvarez, que tomará as últimas decisións ao respecto. Afonso Eiré, director de A Nosa Terra, non quixo facer declaracións e remitiu ás decisións sobre a empresa ao administrador concursal, pero sinalou que os servizos informativos do web poderían estar activos ata "setembro ou outubro".]