Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 juillet 2011

LOGO, TI ES DA ETA?

As montañas de Nevada son aínda máis indolentes coas pernas cas do Courel. Achegueime ata Lincoln para falar con Unabomber, aquel terrorista eremítico que remitiu 16 bombas. A animalia de Uteya fusiloulle os escritos. Unabomber liscou da Universidade de California en 1971 para refuxiarse nunha cabana sen auga e sen luz en Lincoln. Cando cheguei, estaba no interior, observando as paredes de madeira. Como non me daba fala, comecei a explicarme. Comenteille que, no longo treito da miña infancia e mocidade, fora considerado un terrorista. Un recentemente coñecido preguntábame pola nacencia.“Bilbao”. O interlocutor espetábame: “Logo, ti es da ETA?”. Eu sabía o que A Organización, como se chama en Euskadi, ameazara con facer a un tío meu, e, claro, non era de ETA. Expliqueino unha e outra vez; ata que aburrín e deixei de argumentar. Unabomber quedou quieto. Informoume de que andaba procurando arañas. Contoume que somos soberbios e pensamos que abrindo a billa conseguimos que as arañas morran afogadas, pero elas saben agarrarse ás tubaxes. 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité