Alberto Mariño despraza a Roberto Varela da Consellería de Cultura e toca un vals de fuste longo para ir colocando candidatos a sentarlle no cadeirón. Empezou cunha improbable candidatura de Francisco Campos e outra infundada de Caneiro, pasou a desvelar unha presión coruñesa con Paz Gago na fronte, para rematar tirando do cemiterio político a Alfredo Conde aínda que a presenta coma compatible con que, sinxelamente, non haxa substituto.