Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
1 août 2011

MONOPOLY CON TARXETAS DE BINGO

Estes días aparquei en Madrid, que, para os que aínda non o saiban, é unha cidade que se construíu no medio dunha chaira coa finalidade de ahcegar unha alternativa en 3D aos afeccionados ao Monopoly. Camiñando por vías chamadas Serrano, Goya ou Cea Bermúdez, acordei do señoriño repoludo con frac, chapeu brillante e mostacho bizoso que me retirou definitivamente da miña ambición construtora, mesmo antes de que me nacese. Así que ando camiñando o Monopoly. A min non me confunde Gallardón, que ben sei de onde tirou as ideas para inventarse unha cidade, aínda que, niso, como en moito outro, adiantóuselle Cunqueiro ao fantasiar aquela poboación circular que levitaba a un cento de metros. O urbanismo era ideal, case que como a cidade xardín que soñaba Castelao, pero non había quen silenciase as queixas que xeraban os seus habitantes ao lanzar o lixo dende os cómaros ao núcleo de veciños a rentes do chan. Madrid mantén aínda a prolongada timba de Monopoly, con pisos en venda a prezos que se tardan moito en dicir. Unicamente un grupo de persoas atopou a fórmula para residir no centro e en vivendas baratas e ecolóxicas, erixidas en material desechable: madeira, plástico e cartón escrito coa mesma tinta de soños augados coa que se imprimen as tarxetas de bingo.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Eu tamén me gusto máis en calquera de ambos os sitios.
Répondre
V
A min gústasme máis en Lugo ou en Ribadeo ca en Madrid.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité