Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
4 août 2011

OUVIRMOS APRENDE A COCIÑAR CORAZÓNS DE FANTASÍA DE AMANITA MUSCARIA

 Catro profesores da escola de hostalería de Sober prepararon receitas para que os nenos maiores de oito anos aprendan a cociñar que serán recollidas en dez libros. Os dous primeiros volumes, que se publicarán a mediados do vindeiro mes, están dedicados a bocadillos e sandwichs, e a sobremesas. Cada libro contén 20 receitas, que veñen ilustradas con cadansúa fotografía e que suman 56 páxinas, que se venderán a 16 euros. Ao primeiro explícanse os materiais e ingredentes precisos para elaborar cada unha. Despois enuméranse os pasos —nun máximo de oito— e se dan indicacións sobre o tempo e a dificultade de cociñala, a dificultade e os perigos que poida representar, polo uso de elementos como lume ou coitelos, para que haxa unha supervisión de adultos.

Entre as comidas que se poderán preparar con este libros de arrinque figuran bocadillos de pataca de bolsa con queixo, minipizzas de galleta mariñeira ou sandwich mixto con corazón de fantasía de amanita muscaria —pan de molde con tomate e ovo cocido—. Usando estas obras poderá tamén gozarse dunha tosta de lacón con queixo de tetilla, cornete de pavo e verduras, e máis pan de pita con polo e alioli. Os libros teñen ao remate unnhas páxinas nas que se achega información sobre os alimentos que se utilizan, como poden ser os tipos de pan, as variedades de cereais ou o uso histórico do zucre. 

O promotor da iniciativa é o editor de Ouvirmos, Jose Aldea, quen propuxo a catro profesores da escola soberina Belarmino Fernández Iglesias —Miguel Caruncho, David Cidre, Santiago Martínez e Xenxo Pereiro— que ideasen receitas para nenos «cun punto de picardía, para que non fosen como as de sempree non tivesen noñería». «Buscamos cociñeiros con experiencia docente para que explicasen ben os pratos», apunta Aldea. O editor comenta que, tras estes dous primeiros títulos, irán aparecendo o resto a razón de dous por trimestre «ata completar a colección en outono do vindeiro ano». Jose Aldea aclarou que os libros non terán unha correspondencia noutros soportes. A xeito de curiosidade –«e como modo de empezar a promover a iniciatica»–, Ouvirmos realizou un concurso en Facebook para que os internautas tratasen de adiviñar cal era a colección que estaban preparando. Inventaron tres alternativas falsas a Cociña Infantil e Familiar. «A maioría dos votos foron para Guía de Viaxe pola Lusofonía e moi poucos á que íamos lanzar realmente», comenta divertido o editor sarriao.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 432
Publicité