jeudi 4 août 2011

A FUNDACIÓN PREMIOS DA CRÍTICA INCORPORA MULLERES

A Fundación Premios da Crítica anovou a directica coa incorporación de mulleres e trintaneiros, por vez primeira. Os membros pasan a ser 14. Os galardóns entregaranse o 22 de outubro, aínda que soamente nesta edición, estando previsto que volva ao redor das Letras nas vindeiras.
Posté par Jaureguizar à 11:53 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 4 août 2011

DYGRA (aínda) NON PECHOU

O ruxeruxe achegábase á realidade, pero non era de todo certo. Dygra (aínda) non pechou. Quedou baleira de contido laboral para programación, pero segue mantendo o comercial para tratar de vender a derradeira xoia antes de poñer o cartel co teléfono nas ventás. A película de animación Holynight, presentada o ano pasado en Cannes e de frustrada estrea no Nadal pasado, ten un grupo de persoas buscándolle pantallas. Os logros son improbables porque nesa altura nos chegará a deliciosa enxurrada norteamericana e, desta banda do Atlántico,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 01:08 - Commentaires [1] - Permalien [#]

jeudi 4 août 2011

MARÍA VAL, sobre Xornal: "OS QUE SE ALEGRAN, SÓ TEÑEN UNHAS HORAS DE FESTA"

MARÍA VAL, directora de Xornal, despídese en papel co artigo Imos contar verdades, desdecindo a McLuhan: [Pero Xornal naceu e continuou, damos fe os xornaleiros e as hemerotecas, cun único propietario: o xornalismo independente, que é o que se nos permitiu facer. En Xornal non lamentamos as subvencións perdidas porque nunca as tivemos. Non lamentamos os insultos groseiros dalgún conselleiro personalizados nos nosos redactores, nin as ameazas dalgún xefe de prensa da Xunta aos nosos profesionais, porque acertamos. Lamentamos, iso... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:56 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 4 août 2011

OUVIRMOS APRENDE A COCIÑAR CORAZÓNS DE FANTASÍA DE AMANITA MUSCARIA

 Catro profesores da escola de hostalería de Sober prepararon receitas para que os nenos maiores de oito anos aprendan a cociñar que serán recollidas en dez libros. Os dous primeiros volumes, que se publicarán a mediados do vindeiro mes, están dedicados a bocadillos e sandwichs, e a sobremesas. Cada libro contén 20 receitas, que veñen ilustradas con cadansúa fotografía e que suman 56 páxinas, que se venderán a 16 euros. Ao primeiro explícanse os materiais e ingredentes precisos para elaborar cada unha. Despois enuméranse os... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:45 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :


  1