Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
5 août 2011

McSHUIBHNE, sobre a desaparación de medios: "SEGUIMOS INSTALADOS EN INFANTÍS TEORÍAS DA CONSPIRACIÓN"

McSUIBHNE, en Las Partículas Elementales: [Outro xornal galego que pecha e, de novo, no punto de mira os miolos de Alberto Núñez Feijóo. O peche da edición en papel de Xornal de Galicia volveu a levantar un rebumbio político e axitou outra vez as críticas á Xunta e ao seu presidente, ao que algúns sectores sinalan como causante da desaparición dalgúns medios galegos pola súa política dubidosa sobre a nosa lingua. Unha acusación reducionista que coloca á política como escusa e elude os principais factores que determinan a viabilidade dunha empresa informativa: empresariais, xornalísticos e de mercado.

(...)

Xornal 213x300 Crise dos medios en Galicia: realidades e ficciónsO debate xerado en Galicia ao redor dos medios de información é, ademais de enganoso, perigoso, pois se está deformando a realidade e só se está centrando a atención e culpabilidades no sistema de axudas públicas.

Que se saiba, ningún cidadán é obrigado a comprar ou a deixar de comprar nun quiosco un determinado xornal, ou a visitar as súas edicións dixitais; tampouco coñezo a ningún anunciante nin publicista ameazado para que poña publicidade nun medio ou outro, e se os hai, non son a maioría, porque o que verdadeiramente lles importa son a audiencia do medio, a súa penetración, dá igual a postura. Polo demais, insisto, seguimos instalados en infantís teorías da conspiración, sen entender nin atender ao que verdadeiramente determina a viabilidade dun proxecto xornalístico: o seu modelo de negocio e o seu modelo de xornalismo. Ingresos por publicidade, vendas e subscricións, fidelización do público, liña editorial ou valores como a transparencia, a obxectividade, a veracidade, a rigorosidade, a credibilidade, a calidade, o coidado da linguaxe, a confianza e a historia do propio medio determinan de maneira decisiva e radical a súa posición no mercado.

(...)

O que temos ante nós é un problema de xestión empresarial e xornalística, enmarcado ademais no contexto dunha crise económica global, dunha crise sectorial do xornalismo que vén xa de longo e do que algúns chaman a burbulla mediática, na que teñen moito que ver eses empresarios alleos ao mundo da comunicación que meten as súas gadoupas no sector para as súas intrigas políticas e empresariais, e os partidos que auspician proxectos de comunicación sectarios.

(...)

O de Xornal era crónica dunha morte anunciada. Que plan de negocio tiña este proxecto? Que futuro? Ningún. Era un fracaso empresarial que, ademais, evitou a transparencia, xa que non dispomos de datos de tirada e difusión (Xornal de Galicia non quixo ser auditado pola OJD). Foron estas perdas millonarias, froito dunha mala xestión e da megalomanía dun construtor, o que levou a Xornal de Galicia á desaparición. Relacionar a súa extinción coas políticas lingüísticas da Xunta e cun castigo ao progresismo galeguista é pervertir a realidade. E aquí pasamos a outro pequeno pero importante detalle: a Xornal de Galicia non se lle pode incluír na categoría de medios en galego, xa que se trata dun xornal bilingüe (galego-castelán).

(...)

O problema dos medios en Galicia é moito máis profundo e vai máis aló das axudas públicas. Pero non se quere encarar. Por desgraza demostrouse que non hai un groso suficiente de cidadáns que apoie aos medios en galego e que só cando desaparecen se elevan as voces de apoio aos mortos.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité