Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 août 2011

MARCOS PÉREZ PENA "O XORNALISMO GALEGO TEN DEMASIADA RESPONSABILIDADE POLÍTICA"

MARCOS PENA analiza en Un Vento Vén o derrube de Xornal achegando algunhas ideas rendibles de cara a erguer un proxecto similar no futuro: [Un estudo recente afirma que a principal razón dos norteamericanos para subscribirse a un xornal impreso de ámbito local é precisamente a información de proximidade (49,6%) e a segunda as promocións (21%). E só un 14% cita como principal motivo a información nacional ou internacional. Non creo que as razóns dos consumidores galegos de prensa impresa sexan moi distintas. Cómpre ter en conta, a este respecto, a importancia económica da publicidade local (e os clasificados) nos balances das cabeceiras galegas. E tamén, por exemplo, o peso que supoñen as gorentosas promocións de libros e dvds no crecemento de Público ou no sostemento das cifras de venda de El País, ABC e El Mundo. 

Creo que en moitos dos proxectos xornalísticos concibidos en clave de país (os que houbo, os que non chegaron a nacer e algúns que se poden estar construíndo) pesou en exceso a consciencia da súa responsabilidade política. Antón Figueroa lembra que Antón Figueroa: “un nivel grande de consciencia e de politización tende a converter os produtos culturais nunha ferramenta de construción da identidade cultural e tamén política, aínda que esta identidade política non estea claramente definida nin deseñada”. A ese respecto Dieste escribiu que “unha cultura non se fai gabándoa”, é dicir, que unha cultura artística non se fai dende o campo político, senón dende o campo artístico. E penso ás veces que quizais ao xornalismo galego lle cómpre un Mourullo que leve a cabo unha renovación estética e formal, que reclame unha autonomía do xornalismo fronte ás función políticas e de construción nacional que se lle apoñen.]

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité