Traducida por Ramón Nicolás, A revolta dos indignados reúne as opinións de Carlos Taibo, Josep María Antentas, Esther Vivas, Antoni Domènech, Iván Giménez Chueca e Juan Carlos Monedero. As súas respectivas achegas reflicten o descontento xeral motivado pola difícil situación económica, política e laboral, criticando a indefensión da cidadanía e facendo un chamamento á concienciación e ao compromiso ante a necesidade de “construír entre todos unha sociedade mellor”. A obra pertence á colección Ágora K, que se estreou en marzo coa edición de Indignádevos de Stéphane Hessel, da que se levan vendidos uns 7.000 exemplares en galego.

a revolta dos indignadosTaibo, escritor e profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid, foi un dos oradores trala manifestación do 15 de maio na Puerta del Sol. Este libro recolle a súa intervención trala marcha, na que alerta do funcionamento das institucións “á marxe do ruído molesto da poboación”, reprende a política financeira do Goberno, advirte da precariedade nos colectivos máis desfavorecidos, do desequilibrio medioambiental, e das condicións de vida desfavorables nos países do Sur.