Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
12 août 2011

ANA FERNÁNDEZ (concelleira de Cultura coruñesa), EXEMPLO DE SUPERACIÓN

A concelleira de Cultura -si,si, de Cultura- da Coruña, Ana Fernández, é un modelo de superación. Como consecuencia dunhas declaracións que, alegou, foron malinterpretadas, acadou os seus 15 minutos de hastags en Twitter. Aínda -humilde- aceptou explicarse para argumentar -case que me parece peor ca zocada orixinal- que, como había visitantes no tempo das festas, había que desenvolvelas "en un lenguaje que entienda todo el mundo". Dou por suposto que por que entenda todo o mundo, ela non concibe o inglés, of course. Acepto que, segundo ela, o galego non é comprensible, é mellor tirar a cultura galega no contenedor de inorgánicos. A concelleira de Cultura -reitero, de Cultura- teimará para que as vindeiras celebracións que se celebren na cidade sexan aptas para hispanofalantes monolingües e deberá poñer toda a atención en evitar a presenza de gaitas ou referencias -mesmo veladas- a Rosalía ou Curros, así como a presenza de pulpo ou viño do Ribeiro. Especial coidado require a linguaxe, inzada de galeguismos deturpadores como 'colo' ou 'riquiño'; a toponimia inagochable -Los Mallos- e -por favor, isto é determinante- o uso axeitado dos tempos compostos censurando os 'yo ya lo viera' e outros aliens da paila. A concelleira de Cultura acertou ao explicarse en español -non vai ser que entendesen que rectificaba- e mesmo amosou a categoría humana de recoñecer que "en mi casa se hablaba en gallego". Felizmente, ela superou esa tara, aínda que -¡ay, ay, ay, Virgen de la Macarena!- ten un acentazo -tan coruñés,el- que é mellor que estea calada nas feiras taurinas que se celebran na cidade, que -mellor que mellor- non son nada galegas. A recomendación, se mo admite, é asistir a esas clases de neutralidade acentual que esmagan ano tras ano os signos identarios de boa parte da nosa clase actoral.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 426
Publicité