Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
13 août 2011

O BNG DEBERÍA VISITAR VICTORIA'S SECRET

O Bloque non gañou alcaldías nas últimas eleccións, houbo candidatos que encabezaban as listas do Bloque e gañaron alcaldías. Iso foi o que entendín aos 18 rexidores. A mensaxe era clara, veraz e intencionadamente pública, pero houbo quen non a entendeu. O Partido Popular presenta candidatos con carisma (nun casos) e ten marca de formación (noutros); a maiores, elude o discurso elaborado e delimitado para ir dirixíndoo a cada volta cara onde entende que llo requiren os seus votantes. Ao Bloque sóbralle discurso, sóbranlle intencións a longo e incerto prazo, e fáltalle un chisco de arestorismo e mesmo unhas pingas de charme. A Duquesa de Alba visitou Victoria's Secret para escoller a lencería que usara na vindeira voda. Cayetana de Alba terma de 85 anos, pero non ten reparo en facer un novo festexo da vida reforzando asemade a fascinación do pobo. A manobra de imaxe proxectada é meritoria. O secreto do éxito, tamén do éxito político, depende da emotividade, e se concreta en acertar a ser mundano cando o votante o require.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité