Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
14 août 2011

PEREIRO "O PREGÓN DA CORUÑA DEUNO SERGIO DALMA; MANUEL RIVAS, NUNCA"

XOSÉ MANUEL PEREIRO, en Faro/La Opinión: [Como galerista de prestixio, Ana Fernández supoño que está de acordo en que a boa programación consiste máis en incrementar a oferta que en satisfacer a demanda, ou senón montaría exposicións de cerámicas de Lladró. E a programación cultural pública debería consistir en traer de fóra as mellores manifestacións artísticas posibles e en canalizar aquelas que paguen a pena que se fan aquí. Durante moitos anos, a política que se seguiu na Coruña foi esmagar calquera manifestación cultural autóctona. O pregón deste ano deuno Sergio Dalma, recén chegado das festas de Duarría (Castro de Rei). Manuel Rivas, que literariamente é á Coruña de hoxe o que foi a Pardo Bazán á de hai cen anos, non o deu nunca. Demasiado gallego, quizais. O mérito de María Xosé Bravo, que lle recoñecen mesmo os que non tiñan demasiadas esperanzas no seu labor, foi o de acoller ás propostas que xurdían da base, dos creadores, e non aforrar traballo nin esforzo en darlles saída. Nada novo, por outra parte: a única manifestación cultural do verao coruñés que se coñece máis alá de Betanzos, Viñetas desde o Atlántico, naceu así (e iso que o seu creador, Miguelanxo Prado, tamén é bastante gallego).]

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité