Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
16 août 2011

O FUTURO TEN CARA DE SAQUEO

SABERÍAN os Sex Pistols o que eran ‘Os contos de Canterbury’? Tanto ten, porque souberon escribir os 80 a fins dos 70 poñendo banda sonora á desesperación ‘no future’ da mocidade aletrada na Gran Bretaña. Margaret Thatcher destrozou as relacións laborais a base de martelo para despois alicatalas. ’Anarchy in the UK’, cantaban aquelas catro excrecencias do proletariado postas en limpo por Malcom McLaren. ‘Os contos de Canterbury’ recollen outro bucle da historia, outro maio de revoltas, porque maio é o tempo no que se inchan as veas e outros órganos. O libro de Chaucer conta as revoltas de 1381, coa marcha dos labregos, fouce na man, e dos ferreiros, martelo no alto, cara a Londres coa intención de arrasar a cidade. Arrasaron, claro. Colgaron a algúns mandatarios e regresaron a casa compartindo botas de viño, cantando himnos de gloria e durmindo en palleiros emprestados en ‘coachsurfing’. Agora miramos aos rapaces das sudadeiras entrando nos Sainsbury coa listaxe dos recados e liscando sen parar en caixa. En ‘Pigmeo’, Chuck Palahniuk fai preguntarse a un axente infiltrado nos Estados Unidos se despois de lograr «destruír os americanos, aniquilar os homosexuais, a relixión metodista, os cultos luteranos e baptista, e extinguir a decadente burguesía», non quedará obsoleto. John Gower, amigo de Chaucer, rebelouse contra os indignados ingleses do XIV. En ‘Vox clamantis’ denuncia que «conforme ás súas necias ideas, non habría señores, só reis e labregos...». Palahniuk escolmou unha cita nada inocente de Hitler: «Soamente aquel que conquista a mocidade gañará o futuro». A mocidade non ten futuro e a nós empeza a faltarnos a mocidade.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité