Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
17 août 2011

MARÍA KODAMA, 'PRATOCOMBINADA'

Algunhas viúvas compórtanse como a TVG con Pratos combinados (1995): collen ao difunto para quitalo de paseo unha e outra volta, non para que lle dea o aire, senón para non morrer elas mesmas. Nas madrugadas é imposible non tropezar con Ernesto Chao cargando unha bandeixa cun rodelo sobre o ombro.Yoko Ono aínda se revolve de cando en vez, pero sempre aparentando dignidade, deixando claro que non o precisa, que se esforza todo pola patria de seguidores do seu home. O exemplo de viúva que máis exerce de pratocombinada é María Kodama, a todo intre disposta a sumar unha bágoa ao rosario por Borges, tratando sen descanso de mantelo conectado á maquina que debería marcar a súa actividade cerebral: o seu home "de estar vivo, non empregaría novas tecnoloxías", aventurou antonte; cando o que debería asumir, dunha volta, é que, de estar vivo o seu home, sumaría 112 anos. Non estaría, xa logo, en dispor de usar nada; o caxato, como moito.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité