Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 août 2011

13 RESPOSTAS (+2) PARA UN CUESTIONARIO. Como fago eu as entrevistas

1- Documéntate. Le todo sobre o personaxe en internet e chama a persoas que o coñezan. Busca algunha curiosidade ou extravagancia.

2. Elabora un guión con cinco ou seis temas que vas propoñer ao entrevistado. Non formules ninguna cuestión aparte porque rebentarás a coherencia da entrevista.

3.- Cando entres en contacto co personaxe, comeza por establecer as normas (tempo e temas). Avisa de que publicarás soamente o que el consinta, pero que todo o que che conte será susceptible de ser publicado. A confianza é a metade do éxito da entrevista.

4.- Durante toda a entrevista serás o oposto do personaxe: amable, comprensivo, condescente, pero contrario. O protagonista é el. Non vas expresar outras ideas, gustos ou apetencias que todos aqueles que non ten. Non se trata de que trascenda a túa personalidade ou ideario; ao contrario, ti non existes. Debes levar a contraria ao personaxe coa fin de provocar que el deba explicarse mellor e de amosar as súas contradicións, a materia que nos fai humanos.

5.- Formula as preguntas do xeito máis sinxelo posible. Volve facelo se percibes que o entrevistado non che entendeu. Repito: non es o protagonista.

6.-A entrevista comeza sempre polas preguntas-lixo. Son esas cuestións que se lle fan sempre e que está afeito a contestar sin reflexionar demasiado. Serven para relaxar o personaxe, e, no caso de que che falte texto, para encher. Nese suposto, deberás publicalas contra o remate e unicamente cunha función de cantidade. Non as desbotes sen revisalas porque ás veces atoparás sorpresas.

7.- Nunca uses cuestionario escrito previamente. As entrevistas quedan ríxidas, carentes de ritmo. Négate sempre a enviar un cuestionario por e-mail. É unha falta de respecto cara ao teu traballo: non garante que vaia contestar o entrevistado en persoa, négache a posibilidad de repreguntar e distorsiona a imaxe real do personaxe.

 8. Prepara soamente unha pregunta, todo o que tes que facer a continuación é escoitar. As respostas son o material para que elabores novas preguntas sempre cun ollo no teu guión temático.

9. Deixa as cuestións incómodas para o final. Se vas indispoñer contra ti ao entrevistado, mellor cando esteades rematando.

10. Busca o titular. Enuncia o que queres que che contesten e pide que che dean unha resposta afirmativa ou negativa.

11.Non consintas que che respondan algo distinto do que preguntaches nin que che repitan de memoria unha lección redactada por un xefe de prensa. Protesta se é preciso.

12. A entrevista debe durar medio hora como máximo. A partir dese tempo, tanto ti coma o entrevistado, perderedes a concentración.

13. Se ves que o ritmo está decaendo, pregunta pola curiosidade ou extravagancia que buscaras. Servirá para que o personaxe recupere a concentración e mesmo para que teñas un titular.

 

+1. Advirte ao entrevistado de que vas ordear por temas as súas respostas sen cambiar nada. O lector non ten culpa das digresións nin do xeito no que guíes o cuestionario.

+2. Busca o titular máis rechamante. Trátase de que o lector pare na túa entrevista. Para informar strictu senso están os destacados.

Publicité
Publicité
Commentaires
A
Odio empregar refráns, pero que tire a primeira pedra o que non empregou frases feitas... Grazas a vostede por replicar. Non imos poñernos de acordo niso, por suposto. A linguaxe atrápanos e limítanos, como ben sabe e vostede contradise ao dicir que o entrevistador non é o protagonista e logo querer selo ao "encauzar" a entrevista. E xa esas disquisicións sobre se queda "ríxida" unha entrevista con cuestionario: temos tal saturación de información que só un sibarita se decataría. E vostede é un sibarita, a maioría dos lectores non.
Répondre
J
Nun aparte, Andrés, quero agradecerlle esta discusión tan suxestiva. Ás veces, polo meu xeito de escribir, semella que estou enfadado, cando é todo o contrario. Grazas.
Répondre
J
A entrevista debe, en todo momento, ser encauzada polo entrevistador. A repregunta axuda moito. Non se trata de reiterar as cousas. Se o entrevistado é hábil saberá evitala. Por outra banda, as entrevistas teñen un límite físico ou temporal. Sobre o que se estuda, non podo opinar porque carezo de estudos. Como conclusión reitero que o envío de cuestionarios me parece unha falta de respecto do xornalista consigo mesmo. O entrevistado está no seu dereito a querer controlar a entrevista dese xeito, pero o entrevistador debe rexeitar esa indignidade.
Répondre
A
Lémbrolle un principio que non se aprende na carreira de Xornalismo (nin en Santiago nin en Madrid): Todo entrevistado queda limitado polos límites do seu entrevistador. Cantos límites quere poñer vostede? Pois iso e non outra cousa son as repreguntas... Non lle pagan tanto no seu xornal para iso. Vostede non quere entrevistar, quere facer libros de memorias. Pode que a súa faceta de escritor o teña botado a perder como xornalista. Ou ao revés, Cunqueiro.
Répondre
A
Vostede o que quere entón é repreguntar ata que a vostede lle pareza que está ben o que contesta. Non lle vale o que poña o outro e a imaxe que queira dar (a que queira el, non a que vostede queira dar del). Faga unha entrevista bucle entón, poña un sinfín musical deses que se empregan na radio.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité