
Haberá 16 anos que Gaddafi chegou á casa. Entregáronmo nunha caixa de cartón nada inerte. A caixa daba saltiños e golpes contras o interior das súas paredes mentres a transportabamos no coche. Gaddafi daquela non se chamaba Gaddafi; non se chamaba nada porque era un gato de palleiro begontino. O micho saíu rebuldeiro, corría pola sala subindo e baixando cortiñas ás carreiras. Bauticeino de malo. Gaddafi, o ditador libio andaba daquela a bombazos cos norteamericanos a conta do caso Lockerbie, e consentinme a broma. Gaddafi aínda...
[Lire la suite]