samedi 27 août 2011

O FESTIVAL DE JAZZ DE LUGO ACHEGA A ROY HAYNES, DE 86 ANOS

Roy Haynes/Biréli Lagrène - "Autumn Leaves"  O Festival de Jazz de Lugo anuncia para esta edición a Roy Haynes. A 21ª edición do certamen, que se desenvolverá entre o 9 e o 14 de novembro, contará cone sta un lenda capaz de tocar a batería cunha enerxía impactante  aos seu 86 anos. Outra estrelas do  festival serán Lizz Wright, Abe Rábade, Dahfer Yossuef e Mezzoforte.  
Posté par Jaureguizar à 20:19 - Commentaires [0] - Permalien [#]

samedi 27 août 2011

CONDE ROA, PERFECTO FEIJOO

O desprezo de Conde Roa cara aos culturetas divertiume ao primeiro, pero logo empezou a preocuparme. A súa saída de estrada discursiva foi formulada polo alcalde de Santiago (non vou citar a Goethe loubando a nosa capital, ben acordan) e non por un lexionario coruñés en horario de docencia. O rexedor compostelán non semella ser precisamente parvo nin ter o cultivo intelectual dun militar de cuchara. Por iso me inqueda. Non hai un can, podería recoñecer Conde Roa, e ata o comprenderíamos intimamente, malia que despois tuiteásemos... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:45 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :