Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 août 2011

13 (+2) CONSELLOS PARA OPINAR. Como escribo eu os artigos

  1. Decide o asunto sobre o que vas reflexionar. Trátase de que o concretes en dúas ou tres ideas; nunca menos, porque aburrirás ao lector, nunca máis, porque vas confundilo.

  1. Documéntate sobre a cuestión. Busca opinións contrarias para poder formular o teu punto de vista. 

  2. Sé honesto. Di o que pensas ou cala. Escribir é arriscar. A impostura ten data de caducidade escasa.  

  3. Trata cuestións que coñezas. Ao outro lado, vas sempre unha persoa que vai saber máis ca ti sobre ese tema concreto.

    clases 

  4. Redacta un guión coas ideas que vas utilizar ordenándoas en proposta, xustificación e conclusión o artigo na cabeza. 

  5. Pensa nunha frase rechamante para empezar. É a única oportunidade que che van dar moitos lectores. 

  6. Redacta de corrido. O resultado vai ser mais fresco.

  1. A penúltima frase debe de conter a túa opinión sobre o tema. A última, unha pequena chanza para deixar unha sensación agradable no lector. 

  2. Revisa o que escribiches asegurándote de que respectaches a estrutura e de que se comprende cada unha das frases. O determinante nun artigo é que a forma e o fondo se adapten e que o texto teña unidade interna. 

  3. Citar a outros autores é tan sinxelo e complexo como fritir correctamente un ovo. Procura escoller sentenzas axeitadas porque corres o risco de estragar o artigo enteiro. Exhibir lecturas está ben, pero non metas máis de dúas citas porque todos sabemos manexar Google e resultarás pedante e forzado. Sé xeneroso citando a autores do teu entorno. Pode ser divertido citar a descoñecidos porque lle dá veracidade ou mesmo inventarte citas; non te preocupes, se Shakespeare tivese escrito tantas cousas como se lle atribúen, tería vivido centos de anos. Eu non o fago, pero a ética é un reglamento íntimo.

  1. Fala de persoas e cousas coñecidas polo entorno ao que te dirixes, iso vai achegarte moito ao lector. A profusión de referentes complica esa familiaridade coas mencións, polo que debes procurar que as que fagas sexan populares.

  1. Cando remates, decide o título. Nunca uses un titular explicativo, os medios están cheos deles para que o lector os ignore. Este tipo de titular deben usarse unicamente para colaboracións técnicas de apoio a unha información cando o asinante ten autoridade no asunto. No resto dos casos, o título debe consistir nun par de palabras que chamen e que proveñan do propio texto (lémbroche a importancia da unidade interna do texto). 

  2. Enlaza o teu artigo a todas cantas redes sociais poidas. Como son tan cambiantes, deberás facelo tres veces ao día, cada oito horas, coa fin de advertir aos lectores potenciais. Nin unha soa máis porque vas aburrir aos seguidores. Nunca mandes mensaxes de aviso aos amigos, coñecidos ou vítimas de facebook. Se queren lerche, xa se ocuparán; senón, aburres.

    +1.Se publicas na rede, fai dúas ou tres ligazóns relacionadas co asunto e inclúe unha ilustración que lle achegará atractivo. Non máis.

    +2. Nunca cites un artigo teu nunha conversa, autocitarse é unha baixeza.

     

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité