EDWARD SAID elixe e compra os bolsos da súa muller. Eu informeime da confianza que a súa señora, Marian, entrega ao gusto do ensaísta palestino nas memorias do periodista Christopher Hitchens , ‘Hitch-22’ (Debate). O xornalista refire este episodio como excusa para prender unha reflexión sobre a «masculinidade evidente» do seu amigo e manifestar a súa sorpresa porque este lle confesase que nunca tivera certo se a súa sexualidade era unidireccional ou bidireccional. A orientación de Said debería ser un debate interno, pero Hitchens trata de curarlle en saúde con cromosomas x porque un par de capítulos antes o avergoñara pola súa parálise na ‘fatua’ contra Salman Rushdie.satan Hitchens dedica un longo treito desas lembranzas a quitar do armario ético a todos os intelectuais que lle negaron a calor ao escritor ameazado. O periodista detectou moitos casos de sabedores de que en boca pechada non entra o medo, pero tamén outros que reforzaban a condea, como «John Berger ou Michael Dummet », preocupados de que o acontecido estaba intensificando a «alienación dos musulmáns» en Europa. Como ese bucle que naceu en 1914 e se repetiu en 1939, os respaldos chegaron de Estados Unidos. Susan Sontag estaba xa á fronte da columna. Mesmo reclutou a Norman Mailer, que, nun dos seus fascinantes desbaldes de testorena, empezou a recadar fondos para dar «un golpe» contra Jomeini. Entre todos, Hitchens nunca perdoou a Said porque o axente de Rushdie, Andrew Willye, lle pedira que lera o orixinal de Os versos satánicos «dado que temo que amole a algúns fieis». Said leu e aprobou sen reparos. Despois do busca e captura, tampouco os puxo.