Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
1 septembre 2011

CONTABILIDADE PROVINCIAL

De Javier de Burgos só coñecía o nome, pero naceume a curiosidade pola súa opinión sobre a ameaza que axeixa ás provincias. De Burgos deseñou 49 departamentos españois en 1833 guiándose máis polo criterio francés de escuadra e cartabón ca por un respecto cara aos pobos e os seus símbolos particulares de cohesión. Atopei ao vello secretario de Estado de Fomento en Foursquare. De Burgos quéixase de que pretendan desfacerlle o invento provincial.imperio“Artella racionalmente España”, laiouse, con esa raiba que prende no corazón cando che informan de que unha autovía vai expropiar a finca na que argallaches a maqueta do Paraíso. A maiores do seu país-xardín de aire galo, o que lle amola a este keynesiano avant la lettre é que propoñan eliminar unha chea de empregos. “No caso de Ourense, vai ser unha reconversión industrial con centos de afectados”, alegou. O ente ourensán é “un modelo de cochesión social”. De Burgos acabou explicándose dun xeito que me sorprendeu por contemporáneo, apuntando que “representa un mundo perdido na política, anterior á división post-1945 de comunismo e capitalismo, mesmo a outras máis recentes entre socialdemocracia e liberalismo social, ou a esa reinante, entre vellotes políticos e rapaces tecnócratas de pouca lectura fóra dos libros de texto”. “Gañan os segundos, os da contabilidade”, concluiu. 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 555
Publicité