Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
2 septembre 2011

TODO O QUE LLE ARDEU AO SEÑOR JOSÉ

kandinsky1O ALCALDE de Guadalix de la Sierra vén de prohibir as acampadas no municipio. Acampada non é o mesmo que ‘acamada’. Supoño que o rexedor seguirá consentindo as ‘acamadas’ televisadas que manteñen unha ducia de nugalláns hibernando entre edredóns nunha casa con estética de estación no Mar da Tranquilidade. ‘Gran Hermano’ permítenos facernos unha idea de como será a colonización da Lúa. Ano tras ano imos asistindo, cada vez máis impermeables, ao ascenso e derrube duns mozotes que teñen como referente máis lonxano no horizonte montar un pub insuflándolle a inercia da súa fama. Ao igual que Telecinco é a mellor factoría na creación flaubertiana de personaxes, en Lugo temos contemplado con rabia a elevación aos andares máis prestixiados da cultura a un tallista do Páramo cun certo talento linfático e un percorrido intelectual coma o pao dun poleiro. Pura arte bruta.
A varios creadores lucenses, conscientes e formados artisticamente, provocoulles o seu chiste aquel neno salvaxe nun corpo de homón perplexo. A José vestírono de Señor José e andaron paseándoo por Lugo de exhibición en mostra ata que cansaron da broma . Antonte, José denunciou que lle arderan 6.000 euros que tiña depositados a salvo dos abaneos do Euribor baixo unha bola de herba. Agora debe administrar o seu insomnio sen que ninguén se achegue ata Moscán para tratalo de señor nin rirlle as tallas.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité