
O ALCALDE de Guadalix de la Sierra vén de prohibir as acampadas no municipio. Acampada non é o mesmo que ‘acamada’. Supoño que o rexedor seguirá consentindo as ‘acamadas’ televisadas que manteñen unha ducia de nugalláns hibernando entre edredóns nunha casa con estética de estación no Mar da Tranquilidade. ‘Gran Hermano’ permítenos facernos unha idea de como será a colonización da Lúa. Ano tras ano imos asistindo, cada vez máis impermeables, ao ascenso e derrube duns mozotes que teñen como referente máis lonxano no horizonte montar un...
[Lire la suite]