Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
3 septembre 2011

CAFÉ PARA NINGUÉN

CafePSOE e PP argallan unha faena contra Baltar. Todo este invento da reforma constitucional con apelido de cafeteira, todo ese apresarse para remudar a Constitución coa fin de amoldala a Leonor e máis a Christine Lagarde é unha anotación riscada na axenda oculta para erradicar as deputacións; non tanto as deputacións en xeral como na Deputación Escola, o modelo École National de Administration que forma ao funcionariado francés, que a nosa (escribo no senso de simpatía, non de propiedade compartida) Deputación de Ourense. Trátase, vou revelalo sen distraelos máis con ilusionismo verbal, de arrincar de raíz a a maior actividade fabril, de perpretar unha reconversión industrial na provincia do noso sur sen que se advirta, de que os policías locais diversifiquen o tráfico con vistas á Ponte do Milenio cando as barricadas semaforicen o tráfico e, cando ardan as rodas volvan arder, as boas xentes se convenzan de que os bloqueiros especializados están novamente prendendo o monte agora que gobernamos.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité