Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
4 septembre 2011

OS PORCOS SABEN SUMAR

schwein_stueckeFUJIMORI mandaba entrenar ás súas forzas especiais entregando un cadeliño a cada aspirante. Pasado un ano, acariñados co cachorro, debía abrirlle o pescozo persoalmente. Disque os endurecía. Michel Houellebecq é contrario a sacrificar algúns animais. Por exemplo, os porcos, algo que non rexeita no caso das «estúpidas» ovellas ou vacas. Con Michel Houellebecq refírome a un personaxe do propio Houellebecq, quen dediciu regalarse un papel de secundario en ‘El mapa y el territorio’ (Anagrama). O sosías do escritor instrúe ao protagonista sobre a inteligencia porcina preguntándolle se «sabe que se lle puido aprender operacións simples? Ben, cando menos a suma e penso que a resta nalgúns exemplares moi dotados». Michel, xa que logo, cuestiónase sobre o dereito «a sacrificar un animal capaz de de aprender as bases da aritmética». O argumento resume a relación paradoxal que mantemos cos animais tras milenios de servirnos deles para comer e obrigalos a executar traballos forzosos. Agora tendemos a tratalos coma humanos na medida proporcional en que os humanizamos. Se saben sumar dando golpes coa pata, merecen ser libertos. Ás veces a nosa lóxica é certamente ridícula. George Orwell fai humanas as bestas en ‘A revolta dos animais’ (Positivas) para describir metaforicamente o funcionamento do poder nas sociedades totalitarias. Son os máis intelixentes, os cochos, os que acaban dominando a granxa. En Houllebecq atopamos o movemento contrario, o afastamento de certas condutas animais —«o porco é capaz dun cariño sincero»— por mor da vida actual e urbana que nos empuxa a vivir cercados pola soedade e as carencias afectivas.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité