
AS COCIÑAS que nos deseñan agora son de curto percorrido e nos forzan a andar de perfil. Pouco andamos nelas porque o microondas converteuse no aparello dos raios máxicos que igual nos requenta un café con leite que nos devolve unha tortilla precociñada, con todas as terribles consecuencias que pode ter iso para un padal de discernimento medio. Hai libros de receitas con microondas que deberían figurar no vello Índice inquisitorial.
As cociñas antes recendían por estacións. A empanada e castañas no outono; a caldo de grelos, na...
[Lire la suite]