Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 septembre 2011

CANTO DURARÁN AS BOAS FORMAS DE CATALUÑA?

made-in-catalunya_designCataluña nunca será un país homologable ata que deixe de tomarse tan en serio todo. Toma en serio os tribunais que lle ordean que desatenda unha lingua que case ningún catalán quere desatender, mesmo cando ese mesmo tribunal tarda 23 horas en desdecirse e en ofrecer indicacións sobre que donde dije dido digo Diego, donde dije imposición quiero decir lógica dedicación a una lengua propia y necesaria. Un día aos cataláns encheráselles o seny e rebentará nunha enxurrada, pero ese día non será chegado ata que perdan as boas formas e o medo a un caos mínimo e controlado que supón a rutura cunha autoridade que perdeu a razón por mor dunha presada de señores constitucionais enmendando a millóns de señores votantes. Aínda que iso vai acontecerlles antes aos vascos, que andan máis escasos de paciencia e de miñaxoieces. España vai poder adiar ese momento e conter esa vontade tribunalconstitucionalmente, pero non suprimilo. Cando vascos e cataláns marchen vaisenos quedar cara de velas vir, de preguntarnos por que fomos incapaces de artellar un nacionalismo que aplicase o fonendoscopio no lugar correcto do peito deste país para saber concretamente o que quere.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité