mercredi 7 septembre 2011

YOLANDA CASTAÑO É MÁIS TELEXÉNICA CA PACHI VÁZQUEZ

Richard Nixon está fascinado coa Wikipedia. O ex presidente norteamericano descubriu que mesmo sabes da túa morte unhas horas antes. No meu tempo, comentou, informábaste da túa defunción polo Washington Post. Nixon falábame mentres daba a volta a unhas salchichas na barbacoa do seu rancho californiano. A expresión mudoulle ao referirse ao xornal de Katherine Graham, que consentiu a Woodward e Bernstein coma se fosen dous netos armándolle unha chocolatada no salón. De ter Wikipedia, daría manobrado, laiouse Nixon. Despois,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:38 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : , , ,

mercredi 7 septembre 2011

CANTO DURARÁN AS BOAS FORMAS DE CATALUÑA?

Cataluña nunca será un país homologable ata que deixe de tomarse tan en serio todo. Toma en serio os tribunais que lle ordean que desatenda unha lingua que case ningún catalán quere desatender, mesmo cando ese mesmo tribunal tarda 23 horas en desdecirse e en ofrecer indicacións sobre que donde dije dido digo Diego, donde dije imposición quiero decir lógica dedicación a una lengua propia y necesaria. Un día aos cataláns encheráselles o seny e rebentará nunha enxurrada, pero ese día non será chegado ata que perdan as boas formas e... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:25 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags : ,