
Os mitos tardan en caer; pero cando caen, caen de vez. Tempo atrás pedía eu con confianza de non cometer un ridículo un Viña Leiriña aos camareiros. Robert Parker, o crítico galáctico da revista Wine Advocate outorgáralle 90 puntos e iso cubría todas as miñas inseguridades na instrución vinícola. Aquela nube de certezas desfíxose cando mirei ao meu sogro baleirando unha botella desa marca nunha pota. Non ousaría negar que o meu sogro é un cociñeiro exquisito, que nunca cuestiona os prezos da materia prima que pon no lume,...
[Lire la suite]