
Cada mañá embadurno as torradas cunhas capa máis fina de manteiga, como fan algunhas empresas que pavimentan estradas. Adoito almorzar un café escuro e unhas gráficas do sistema Defcon, que calcula o risco de quebra de España. Canto máis soben as liñas de serra máis manteiga aforro. A invernía logo asomará a pata de cordeiro pola regandixa da porta, polo que vou precisar toda a graxa. A teoría do aforro pode resultar esaxerada, pero aprendeuma Dióxenes unha noite en Atenas. Eu paseaba o estómago, convertido nun océano de viño tinto...
[Lire la suite]